Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

XogARZUA 2022

XogARZUA 2022 XogARZUA 2022

Desde o CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM) do Concello de Arzúa ofértase o programa de Conciliación XogARZÚA 2022, para menores nados entre 2018 (escolarizados) e 2010 ( que cursen ou acaben de cursar educación primaria), ambos inclusive.

CALENDARIO

A) Preinscricións: Do 13 de maio ao 23 de maio, preferiblemente en Sede electrónica do Concello

B) Publicación da lista por orde de criterios e de emendas de solicitudes: 27 de maio.

C) Prazo de emenda de solicitudes: ata o 10 de xuño

D) Publicación da lista de persoas admitidas: 14 de xuño

E) Pagamento de taxas: Do 15 ata o 21 de xuño.

F) Reunión informativa: En principio, o 23 de xuño, pola mañá.

As bases íntegras e as solicitudes atópanse publicadas no apartado do CIM da páxina web do Concello, para maior información, así como no Taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello.

EXTRACTO DE BASES

HORARIO: O horario ordinario do programa XOGARZÚA 22 será de mañá, de 09:30 a 14:00 horas.

Aquelas familias que non se podan adaptar a este horario e necesiten outro especial, será necesario que o especifiquen xunto coa necesidade para a valoración técnica e a súa concesión

QUENDAS: O programa ordinario será desde o 4 de xullo ao 3 de setembro (9 semanas) , e distribuirase en catro quendas. Os días festivos non haberá programa.

a. Primeira quenda: do 4 de xullo ao 15 de xullo, (dúas semanas).

b. Segunda quenda: do 19 ao 29 de xullo, ambos inclusive (2 semanas)

d. Terceira quenda: do 1 ao 12 de agosto, ambos inclusive (2 semanas)

e. Cuarta quenda: do 16 de agosto ao 2 de setembro. (3 semanas)

Aquelas familias que necesiten outro horario e outras datas deben sinalalo no reverso da solicitude, para a valoración técnica e a posible concesión.

Calquera dúbida, poden escribir a cim@concellodearzua.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email