Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

XORNADA “MÁIS QUE MEL”

XORNADA “MÁIS QUE MEL”

XORNADA “MÁIS QUE MEL”
4 de xuño de 2022, de 10 a 14h. – Arzúa

Máisquemel e Erica Mel organizan esta xornada de divulgación sobre as abellas e os seus produtos onde haberá un espazo para os apicultores e apicultoras, no que se presentará a publicación “Manexo de masas vexetais para a apicultura”, editada por Frouma, cunha mesa redonda sobre a mesma temática.

OS BOLECHAS – MÁIS QUE MEL
ACTUALIZACIÓN: Debido ás previsións de mal tempo para esta fin de semana, o evento “Máis que Mel e os Bolechas” previsto para o sábado 4 de xuño queda adiado ata vindeiro aviso.
Lamentamos ter que cancelar esta actividade pero, ó realizarse na súa totalidade en espazo exterior, non é viable a súa realización coa previsión de choiva.
Informaremos tan pronto teñamos confirmada a nova data, na que nos gustaría seguir contando coa vosa presenza. Agardamos a vosa comprensión e agradecemos o voso interese en participar.

DÍA DO COOPERATIVISMO
No Local da AAVV Santa María:
Ás 11.30 h. Mesa redonda “Manexo de masas vexetais para a apicultura”. Coa presenza das persoas autoras:
Suso Asorey, biólogo; Rebeca Vázquez, bióloga; Diego Sánchez, técnico de Frouma.
Ás 13 h. Asemblea xeral de Erica Mel S.C.G.
Na nave de Erica Mel, de 10 a 14 h.: Venda de material apícola e promoción de produtos

Máis información:
Máisquemel 981 589 534 / www.maisquemel.gal / info@maisquemel.gal
Erica Mel S.C.G. 981 508 142 / www.ericamel.gal / cooperativa@ericamel.gal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email