Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

I Serán Cativo

I Serán Cativo

O Serán cativo pecha a programación cultural de agosto en Arzúa.

O vindeiro luns 31 a partir das 18:30h actuarán Os romeiros do caracol e Cé Orquestra Pantasma.

Arzúa, 28 de agosto de 2020. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o vindeiro luns, día 31 de agosto, o primeiro Serán cativo que pechará a programación cultural do mes de agosto.

Esta iniciativa chega como novidade ao noso municipio. Trátase da celebración dun evento con actuacións de música tradicional para público infantil e familiar que se desenvolverán a partir das 18:30h na Praza de Galiza ou, en caso de mal tempo, no Multiusos Terra do Queixo. Os encargados de animar esta xornada serán a compañía Fantoches Baj co espectáculo Os romeiros do caracol e Cé Orquestra Pantasma.

A tarde comezará co espectáculo de monicreques e música Os romeiros do caracol no que os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que alí viron e escoitaron. Este espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas.

Deseguido aparecerá en escena Cé Orquestra Pantasma, coñecido como o home orquestra. César Freiría, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais que leva percorrido toda a xeografía galega levando ás costas a súa proposta baseada nun proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga a perfección toda unha vida musical.

Estas funcións serán de acceso libre ata completar o aforo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email