Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Un monólogo de Xan Veiga pecha a programación cultural de outono

Arzúa, 23 de novembro de 2023. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres o derradeiro espectáculo incluído na oitava edición da programación cultural Outono a escena que chega ao seu fin despois de catorce propostas culturais repartidas nos meses de outubro e novembro. Este venres ás 21:00h a Capela da Madanela acollerá un monólgo de Xan Veiga para poñer o broche de ouro a esta programación.
O cómico arzuán celebra os seus 30 anos sobre os escenarios e faino coa proposta Sonchistorias, un espectáculo de historias esfiañadas e coas agullas do humor, xiros e reviravoltas tan divertidas como aloucadas, desventuras absurdas ou malentendidos hilarantes son os compoñentes desta homenaxe ao humor inxenuo, o que só pretende facer rir.
Xan Veiga estreou o seu último espectáculo na pasada edición do FIOT de Carballo e agora achégao a Arzúa para festexar os seus trinta anos nas táboas, unha traxectoria que o levou por escenarios de todo o país e por populares programas televisivos como No te rías que es peor, Supermartes ou Luar.
A función comezará ás 21:00h na Capela da Madanela e a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade. Un monólogo de Xan Veiga pecha a programación cultural de outono O concelleiro de cultura, José Luís García, quixo convidar “a toda a veciñanza a participar nesta última proposta do outono que pecha unha exitosa programación que contou con espectáculos moi concorridos para todas as idades, coa celebración do Día da Infancia para máis de 500 escolares ou coa clausura do programa anual de exposicións superando as  11.000 visitas”.                 

Ademáis, aproveitou a ocasión para anunciar que na vindeira semana darase a coñecer a programación de Nadal que o seu departamento xa ten preparada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email