Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa acollerá as Xornadas “Feminismos, coidado e ruralidades” no marco do programa EspadELA

Arzúa, 27 de novembro de 2013._ Arzúa acolle neste ano 2023 a Xornada Feminismos, coidado e ruralidades, organizada pola Cooperativa Arabías en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña. Esta Xornada contará, ademais, coa inauguración dunha exposición fotográfica onde participan tres veciñas coidadoras de localidade.

A xornada terán lugar o venres 1 de decembro ás 16:30 na Capela da Madalena.

A inauguración da exposición fotográfica terá lugar o venres 1 de decembro as 19h na Capela da Madalena de Arzúa.

O Concello de Arzúa acollerá as Xornadas “Feminismos, coidado e ruralidades” no marco do programa EspadELA

A axenda do evento é a seguinte:

16:30 a 17:00 Presentación de EspadELA por parte das socias traballadoras de Arabías e representantes do Concello de Arzúa.

17:00 a 18:00 Obradoiro de (auto)coidados dinamizado por Noelia Darriba e Naiara González.

18:00 a 19:00 Conversa a dúas voces sobre coidados con dereitos.

  • Asociación Mobilidade Humana
  • Laura Bugallo activista transfeminista e sindicalista da CIG.

Será necesaria a inscrición previa para o obradoiro e conversa, máis abriremos a libre participación para a inauguración da exposición ás 19:00.

A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2), chamando ao 981 501 101 ou nesta ligazón.

As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 1 de decembro ás 14:00.

A formalización da inscrición deberase facer en: cim@arzua.gal ou no teléfono 981500000. Ext.121 (de 10:00 a 13:00 horas)

O Concello de Arzúa é, así, anfitrión desta xornada organizada por EspadELA: Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural. EspadELA nace no 2018 impulsada pola cooperativa Arabías da man do Sindicato Labrego Galego e financiada pola Deputación da Coruña.

A cooperativa Arabías é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa pola posta en marcha de proxectos centrados na igualdade, no feminismo e na transformación social.

EspadELA xorde para crear espazos de traballo colectivo onde pensar e construír xuntas. A primeira, segunda, terceira e cuarta edición da escola desenvolveuse nos municipios de Arzúa, Ordes, Betanzos, Moeche, As Pontes, Valdoviño, Cabanas, Cambre e Carral obtendo altos niveis de participación e satisfacción por parte das mulleres participantes.

O Concello de Arzúa acollerá as Xornadas “Feminismos, coidado e ruralidades” no marco do programa EspadELA

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email