Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Sesión Plenaria Ordinaria: martes 9 de abril ás 20:00 horas

O Concello de Arzúa convoca á cidadanía e informa aos medios de comunicación sobre a próxima Sesión Plenaria Ordinaria, programada para o martes 9 de abril de 2024, ás 20:00 horas no Salón de Plenos. Unha segunda sesión podería ter lugar o xoves 11 de abril á mesma hora se fose necesario, seguindo a normativa vixente.

Os temas a tratar son os seguintes:

– Dictame sobre a xustificación do cambio de data para a celebración do Pleno ordinario.
Aprobación, se procede, das actas das datas 23 e 30 de xaneiro de 2024.
– Proposta de dictame para a aprobación da ordenanza reguladora da utilización de edificios, locais e instalacións municipais de Arzúa. Expte: 2024/G013/000001.
– Proposta de dictame para a derogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización de edificios, locais e instalacións municipais. Expte: 2024/G015/000001.
– Moción do BNG de apoio e defensa do sector agrogandeiro galego.
– Moción do PP sobre o apoio ao sector agrícola e gandeiro.
Proposta de participación do Concello de Arzúa no procedemento de información pública de AAI e EIA do proxecto promovido por GREENFIBER, SL (proxecto GAMA).
– Dación de conta de decretos.
– Espazo para rogos e preguntas.
Desde o Concello de Arzúa queremos recordar que os plenos son abertos a toda a veciñanza e que, en coherencia coas políticas de transparencia que defendemos desde o grupo de goberno, estes son emitidos nas nosas redes sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email