Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa aproba presentar as alegacións contra o proxecto de macrocelulosa de Altri

O Concello de Arzúa aproba presentar as alegacións contra o proxecto de macrocelulosa de Altri

Arzúa, 9 de abril de 2024 – No día de onte, o Concello de Arzúa celebrou un Pleno ordinario no que se abordaron cuestións clave que están afectando o día a día da veciñanza. Entre elas, pola relevancia mediática que está a ter, está a aprobación por parte do pleno da corporación de presentar alegacións contra o proxecto de macrocelulosa de Altri, marcando unha posición clara do concello a favor da preservación do noso entorno natural e sectores económicos estratéxicos como a gandería e o turismo. A iniciativa aprobouse a pesar dos posicionamento en contra do Partido Popular.

Durante esta sesión plenaria, ademais de abordar a importante cuestión medioambiental, a corporación municipal tratou temas cruciais como a modificación de ordenanza da utilización de locais municipais, onde os aspectos clave son a redución de burocracia e a eliminación de fianzas para o uso de instalacións municipais, facilitando así a actividade do tecido asociativo do concello, e a derogación da ordenanza fiscal, que non se estaba a aplicar. Tamén se debateron mocións relevantes no ámbito da agrogandería e a sanidade, dando especial atención á problemática xerada pola falta dun servizo pediátrico no centro de saúde, situación que afecta negativamente na calidade de vida da infancia arzuá que está a verse privada dun dereito básico como o acceso a saúde pública.

A decisión de confrontar o proxecto de Altri xorde da profunda preocupación da veciñanza polos prexuizos ambientais e socieconómicosque a instalación dunha planta de macrocelulosa podería provocar. “Queremos deste xeito reafirmar o compromiso do concello coa defensa e protección dos recursos naturais, o apoio aos sectores económicos estratéxicos para a economía local e garantir o

benestar e a calidade de vida de todas e todos os arzuáns que non queren vivir entre polución e augas contaminadas”afirmou o alcalde, Xoán Xesús Carril.

O Concello de Arzúa aproba presentar as alegacións contra o proxecto de macrocelulosa de Altri

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email