Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Regresa a Aula CeMIT a Arzúa

Regresa a Aula CeMIT a Arzúa Arzúa, 29 de abril 2024 — Desde hoxe a veciñanza do Concello de Arzúa pode desfrutar de novo da Aula CeMIT, un servizo público esencial destinado a responder ás necesidades tecnolóxicas e educativas da veciñanza. As instalacións da aula estarán novamente dispoñibles para aquelas e aqueles interesados en ampliar os seus coñecementos e habilidades dixitais.

Daniel Moscoso, concelleiro da área de xuventude, destacou o papel fundamental da aula: «A Aula CeMIT está pensada como un espazo de formación e de ocio, destinado a eliminar a fenda dixital e a desigualdade social que implica o acceso ás novas tecnoloxías.»

O espazo innovador ofrece dúas modalidades de acceso: presencial nas instalacións de luns a venres de 9 a 15 horas e os martes e xoves de 16 a 20 horas, ou a posibilidade de inscribirse en numerosos cursos que se anunciarán nas vindeiras semanas. Estes cursos abarcarán desde a alfabetización dixital ata o desenvolvemento de habilidades máis avanzadas.

«A Aula CeMIT vai máis aló dun simple espazo de aprendizaxe; é un punto de encontro vital para a xuventude e unha plataforma de ocio educativo, no que ten especial relevancia a alfabetización dixital da terceira idade,» engadiu Moscoso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email