Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación cultural «Outono a escena» 2023

Programación cultural "Outono a escena" 2023
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pon en marcha por oitavo ano consecutivo o programa cultural Outono a escena que dinamizará as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos. O certame ofertará catorce propostas culturais repartidas nos dous meses.

PROGRAMACIÓN:
OUTUBRO
Do 5 ao 21. EXPOSICIÓN “Homenaxe á Muller Rural”
Capela da Madanela | 18:30-20:30 (de xoves a sábados)
*Inauguración o xoves 5 ás 19:00

Venres 6. OS VENRES NA CAPELA: Teatro
“De algo hai que morrer” de Malasombra Producións. Capela da Madanela | 21:00

Sábado 14. SÁBADOS EN FAMILIA: Música
“Rockeando coa Ramona pequena” de Pakolas. Capela da Madanela | 18:00

Venres 20. OS VENRES NA CAPELA: Teatro
“Running” de Ste Xeito Producións. Capela da Madanela | 21:00

Sábado 28: SÁBADOS EN FAMILIA: Narración e música
“Cacho animalada” de Vero Rilo. Capela da Madanela | 18:00

NOVEMBRO
Do 9 ao 25. EXPOSICIÓN “Ritos funerarios e tradición en torno á morte en Galicia”
Capela da Madanela | 18:30-20:30 (de xoves a sábados)
*Inauguración o xoves 9 ás 19:00

Luns 13. DÍA DA INFANCIA:
“Soñando inventei” de María e Jorge. Función escolar | 11:30

Martes 14. DÍA DA INFANCIA:
“Bravas. O rexurdir da luz” de A Gramola Gominola. Función escolar | 11:30

Mércores 15. DÍA DA INFANCIA:
Concerto de Femininoplural. Función escolar | 11:30

Xoves 16. DÍA DA INFANCIA:
Concerto de Catuxa Salom. Función escolar | 11:30

Venres 17. OS VENRES NA CAPELA: Narración oral
“Tres vellas (na romaría)” con Quico Cadaval, Celso Sanmartín e “Guti”. Capela da Madanela | 21:00

Venres 24. OS VENRES NA CAPELA:
Monólogo “SonChistorias” de Xan Veiga. Capela da Madanela | 21:00

Todas as actuacións serán de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza e visitantes a “participar desta completa programación pensada para todos os públicos como lugar de encontro e entretemento nas tardes de outono”. Ademais, quere destacar “o impulso que se lle segue a dar á Capela da Madanela que, despois de recibir máis de 7.000 visitas durante as exposicións do verán, convértese agora nun pequeno auditorio con escenario, iluminación e todas as comodidades para o público”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email