A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para nove novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas . O 25 de xaneiro comeza o curso de “Primeiros pasos informáticos” e o 31 de xaneiro «Aprende a usar o teu Smartphone» .
Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 e o venres de 11:00 a 14:00 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .
A Rede CeMIT está integrada por 92 aulas espalladas por toda Galicia e está caracterizada por impartir actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento . Máis información no enderezo http://cemit.xunta.gal