Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Entroido 2017. Concurso de Disfraces.

Entroido 2017. Concurso de Disfraces.

Arzúa convoca o tradicional concurso de disfraces para anunciar a chegada do Entroido

Con motivo do Entroido 2017 o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza un desfile para o domingo 19 de febreiro ás 17:00 horas no Recinto Feiral “Terra do Queixo” de Arzúa. Para fomentar a participación convócase o concurso con máis de dous mil euros en premios para repartir entre catro modalidades.

Dado o éxito desta convocatoria nos últimos anos, o Concello mantén a reorganización das modalidades do certame continuando da seguinte maneira:

– Comparsas: Considéranse comparsas un conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo. Os premios nesta categoría ascenden a 550, 300 e 150 euros.

– Grupos: Considéranse grupos un conxunto de persoas de entre 2 e 8 compoñentes representando un mesmo motivo. Os tres primeiros clasificados neste apartado levaranse 300, 200 e 120 euros.

– Individual infantil: nesta modalidade poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 16 anos.

– Individual adulto: para persoas de 17 anos en diante.

Os premios nas dúas categorías individuais son de 100, 60 e 40 euros para os primeiros, segundos e terceiros postos, respectivamente de cada modalidade.

Como novidade, este ano inclúese un novo premio chamado “Simpatía” dotado de 100 euros dirixido a unha comparsa ou grupo do municipio que non acade ningún dos premios anteriores co fin de apoiar a participación local.

As comparasas e grupos poderán optativamente presentarse apoiados dun móbil (carro, tractor, remolque…). A altura máxima será de 3 metros. A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría.

Para participar no concurso hai que inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981500222 ata o 17 de febreiro, en horario de 8:30 a 15:00h. Tamén se poderá facer no Multiusos “Terra do Queixo” o mesmo día do concurso de 15:30 a 16:30 horas, como mínimo media hora antes de comezar o desfile. Poden solicitar máis información ou consultar as bases que rexen o concurso no Departamento de Cultura ou no seguinte enlace:

Descargar BASES CONCURSO DE DISFRACES 2017

 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia