Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programa «Muller dixital»

Programa "Muller dixital"

O Concello de Arzúa, a través do seu Centro de Información ás Mulleres, acollerá o programa da Xunta de Galicia “Muller Dixital”, que ten por obxectivo formar a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego en accións formativas para a adquisición de competencia dixital.

O Programa, financiado pola Unión Europea, no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, procura a mellora das capacidades dixitais das persoas desempregadas para impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero.

Os contidos dos cursos, que poderán ser de competencias dixitais básicas, avanzadas e de iniciación as competencias dixitais para o emprendemento, atenden ás competencias dixitais recollidas no Marco Europeo de Competencias dixitais para a Cidadanía, e se dividen en 5 áreas:

 Área 1: Información. Navegación, procura e filtrado de información.
 Área 2: Comunicación. Interacción a través de tecnoloxías.
 Área 3: Creación de contidos. Desenvolvemento de contidos.
 Área 4: Seguridade. Protección de dispositivos.
 Área 5: Resolución de problemas.

A presentación do programa realizarase o próximo venres 4 de novembro ás 12:00 horas na aula CeMIT, situada no Edificio de Servizos Múltiples na Rúa de Lugo. Nese mesmo día poderase realizar a inscrición no programa e unha proba de nivel. Por iso, para poder inscribirse, deberase acudir coa demanda de emprego ou de mellora de emprego e o DNI ou NIE.

Ao rematar o curso, outorgarase acreditación oficial e dotarase ás participantes dun terminal dixital; nesta caso, unha tablet con teclado externo.

Para máis información poderase acudir ao Centro de Información ás Mulleres (Rúa Santiago, 2) ou chamar ao teléfono 981 501 101.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email