Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Día do Comercio Local 2022: Inicio do prazo de inscrición

Día do Comercio Local 2022: Inicio do prazo de inscrición

O Concello de Arzúa organiza o décimo Día do Comercio Local o vindeiro xoves, 8 de decembro.
Con esta cita preténdese continuar promocionando o comercio e a hostalaría do municipio aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal. Como en edicións anteriores, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa para todos os públicos.
Para poder deseñar unha proposta atractiva, o Concello pide a colaboración, por un lado, do comercio para que ese día ofrezan descontos, sorteos, vales de merca ou outras promocións.
E, por outro lado, animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona, así como, ao mesmo tempo, os nosos restaurantes, bares e cafeterías. Como novidade, este ano deberá haber un mínimo de dez establecementos da hostalaría anotados para levar a cabo dita ruta.
Como nas anteriores edicións, desde o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades e elaboraranse programas de man e cartelería con toda a información das actividadades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.
Os empresarios e empresarias con interese en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, chamando ao teléfono 981500222 ou escribindo a cultura@concellodearzua.com do 20 de outubro ao 4 de novembro. A inscrición é gratuíta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email