Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programa «Camiños do coñecemento e Experiencia»

Programa "Camiños do coñecemento e Experiencia"

O Concello de Arzúa impulsa un programa de formación e aprendizaxe para os veciños maiores de 50 anos

 

O Concello de Arzúa en colaboración coa Universidade de Santiago vai impulsar unha nova iniciativa de participación a través do programa Universitario de Maiores, IV CICLO, dirixido a todos os veciños e veciñas de Arzúa maiores de 50 anos.

O proxecto, dado a coñecer esta mañá pola Concelleira de Benestar Social de Arzúa, Aurora Varela, preséntase baixo o título de Camiños do Coñecemento e Experiencia. Trátase dun espazo de encontro e formación entre a universidade e o noso concello, mediante o cal as persoas maiores de 50 anos que desexen participar desfrutarán da aprendizaxe en distintas áreas de coñecemento, como son o ámbito artístico coa disciplina da música, a historia da cultura de Galicia e a área medioambiental.

A formación desenvolverase en sesións de noventa minutos na Capela da Madanela en horario de tarde, das 17 ás 18.30 horas. Impartiranse sesións expositivas e tamén interactivas, así como sesións prácticas que se concretan en visitas e concertos.

As datas nas que este proxecto se desenvolverá en Arzúa serán os días: 24,26,29, 30 de maio e o 1 e o 7 de xuño.

Ademais dos coñecementos teóricos vinculados ao valor do noso patrimonio máis cercano, xa sexa artístico, histórico- cultural, medio ambiental e rural; os veciños e veciñas de Arzúa que participen nesta iniciativa desprazaranse ata o auditorio de Santiago para desfrutar dun concerto, descubrirán os segredos que agocha o Castro de Burres e o funcionamento dunha granxa ecolóxica.

Aurora Varela anima a todos os veciños e veciñas de Arzúa con máis de 50 anos a participar neste novo programa que é de carácter totalmente gratuíto, que será impartido por cinco docentes universitarios e para o que non se precisa ningunha titulación. As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do Concello en horario das 9 ás 2 do medio día, ata o día 19 de maio.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email