Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación cultural: Maio 2017

Programación cultural: Maio 2017

CONCELLO DE ARZÚA. MAIO 2017

TEATRO

Xoves 11. Representación teatral de “Memorias das Memorias dun neno labrego” a cargo de Cándido Pazó ás 11:30h na Casa da Cultura.

Función escolar aberta ao público.

 

EXPOSICIÓN

Días 6, 10, 13, 15, 20, 22, 24 e 27. Mostra “Xogo de fíos” a cargo de Lorena Quintas. Das 19:00 ás 21:00 na Capela da Madanela.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Mércores 17

18:00  Eira Xandobeleira: Máis de 30 xogos artesanais de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño e de cooperación para todas as idades

18:30  Actuación do Grupo de Música e Baile Tradicional “O Bringuelo”

19:30  Actuación de “Blues do País”

Praza de Galiza (En caso de mal tempo, no Multiusos Terra do Queixo)

 

CONTACONTOS

Sábado 20. Sesión de contacontos “A Galiña Azul” (de Carlos Casares) a cargo de Os Sete Magníficos + 1, ás 12:00h na Biblioteca Municipal.

 

PRESENTACIÓN DO LIBRO “UN CUBATA CON SABOR A DESCAFEINADO”

Sábado 20. Acto de presentación da obra “Un cubata con sabor a descafeinado” de Ana González Rey na Capela da Madanela ás 19:00h

Haberá sorteo e agasallos.

 

PROGRAMA ‘VEN ÁS FEIRAS DO 8 E 22’

Luns 22. Animación de rúa “O Frautista de Hamelín” con música en directo a partir das 12:00h no Multiusos Terra do Queixo e rúas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email