Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que a Consellería de Política Social ven de publicar as bases polas que se rexerá a concesión da PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016

Persoas beneficiarias:
* Aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2 de xaneiro de 2013 e o 1 de xaneiro de 2016.
* Que durante o ano 2014 ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivese obrigada a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
* Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
* Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

A documentación necesaria para poder tramitar a prestación sería:
– Copia do libro de familia.
– Certificado de empadroamento colectivo.
– Copia do DNI da persoa solicitante e do cónxuxe ou parella, se é o caso.
– Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio, se é o caso.
– Copia de resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, se é o caso.

Para máis información pódense dirixir aos Servizos Sociais do Concello, PREVIA CITA, antes do día 29 de febreiro de 2016.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email