Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

TARXETA BENVIDA PARA FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS NADOS NO ANO 2016

A Consellería de Política Social establece as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica,a través da tarxeta benvida, para as FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS NADOS NO ANO 2016.

A contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla.

A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida. Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.

Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos nados no ano 2016 e que a renda da unidade familiar, da declaración d IRPF do ano 2014, non supere os 45.000 €.

O prazo de presentación de solicitude será de 2 meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.

Para poder tramitar á solicitude e para máis información poderán pasar polos Servizos Sociais do Concello, PREVIA CITA.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email