Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Obradoiros de Xénero: “Xogar non ten xénero”

O obxectivo prioritario é formar ás/ós menores na identificación dos roles e estereotipos que condicionan o seu comportamento e a súa relación co outro xénero, reflexionando sobre como inflúen no seu proxecto vital e as súas relación interpersoais; recoñecerán as diferenzas e a distinta valoración persoal e social que teñen, potenciando a empatía entre ambos sexos…

  • Realizarán ao longo do obradoiro a carteleira da campaña do próximo 8 marzo.
  • Desenvolverase polas tardes, trala saida dos centros educativos, de 16:00 a 18:00 horas, puidendo modificarse a hora de entrada ou saida por problemas de conciliación.
  • Realizarase durante a primeira semana de novembro.

Está organizado polo Centro de Información ás Mulleres de Arzúa, e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade.
O prazo de inscrición pecha o venres, 23 de outubro. A solicitude pode descargarse neste enlace.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email