Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa reparte entre os veciños e veciñas o calendario do ano 2021.

O Concello de Arzúa reparte entre os veciños e veciñas o calendario do ano 2021.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario para o ano 2021 de forma gratuíta.
Coincidindo coa feira de mañá, martes 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes a partires das doce do mediodía na entrada do Multiusos Terra do Queixo. Nesta mañá repartiranse os primeiros 500 exemplares ata fin de existencias. A partir de mañá, os veciños e veciñas tamén poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, Oficina de Cultura e Deportes e Biblioteca Municipal.
Nos vindeiros días farase unha nova quenda por diversos locais de Arzúa e polas parroquias. Estarán dispoñibles no Bar Pedrito, Casa Nené, Bar Praza, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O Furancho de Santiso, La Bodega de José, Bar Karper, A Queixeira de Arzúa, Bar Luis, Bar Manolo, Café Teatro, Bar D`Susan, Confitería La Esquina, Mesón Os Catro Ventos, Libraría Cartafol e Os Picariños. Tamén haberá exemplares no Centro de Saúde e Piscina climatizada.
E os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, na Igrexa parroquial ou contactando co correspondente alcalde pedáneo.
Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada dedicadas este ano ao Camiño de Santiago ao seu paso por Arzúa. Cada folla permitiranos, ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, observar as doce fotografías premiadas no concurso “Arzúa Camiña” convocado este ano polo Departamento de Cultura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email