Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa reparte entre a veciñanza o calendario do ano 2022

O Concello de Arzúa reparte entre a veciñanza o calendario do ano 2022
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre a veciñanza o calendario para o ano 2022 de forma gratuíta.
No día de hoxe, persoal municipal iniciará o reparto por diversos locais de Arzúa e polas parroquias. Estarán dispoñibles no Bar Pedrito, Casa Nené, Bar Praza, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O Furancho de Santiso, La Bodega de José, Bar Karper, A Queixeira de Arzúa, Bar Luis, Bar Manolo, Café Teatro, Bar D`Susan e nas librarías Cartafol, Díaz e Os Picariños e na piscina cuberta. Tamén hai exemplares dende hoxe mesmo na Casa do Concello, Biblioteca Municipal e na Oficina de cultura e deportes.
As veciñas e veciños das parroquias tamén poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, contactando co correspondente alcalde pedáneo.
Ademais, coincidindo coa feira do mércores 22 de decembro, farase un novo reparto dos calendarios entre os asistentes e ata fin de existencias a partires das doce do mediodía na entrada do Multiusos Terra do Queixo.
Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada dedicadas este ano á defensa e fomento do uso da lingua galega. Cada folla permitiranos, ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, descubrir palabras en galego e observar as doce fotografías relacionadas coas mesmas, todo baixo o título Arzúa, en galego os 365 días do ano nunha acción promovida polo Departamento de Cultura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email