Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa contará no 2024 cun programa de intervención psicolóxica con menores vítimas de violencia de xénero.

 

Arzúa, 22 de decembro de 2023.- Froito da participación do Concello de Arzúa na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa contará durante o ano 2024 cun programa de intervención psicolóxica con nenas e nenos vítimas de violencia de xénero.

Os nenos e as nenas son normalmente as vítimas esquecidas neste tipo de conflitos violentos, e os efectos nefastos de dita situación proxéctanse ao longo de toda a vida, se non ofrecemos espazos de reparación e recuperación” sinalou Lucía López, Concelleira de Igualdade.

Para Adrian Gonçalves, director do CIM “as consecuencias traumáticas da violencia de xénero maniféstanse de forma diferente en función dos factores de risco e de protección de cada neno e nena en particular, xeralmente prodúcense importantes danos psicolóxicos que comprometen o seu adecuado desenvolvemento individual e social.”

Con este programa promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e desenvolvido pola Fundación Meniños, segundo Lucía López,”trátase de axudar a crear espazos de seguridade, atender sintomatoloxías ou recuperar relacións materno-filial, todo para favorecer unha contorna segura para as crianzas e as súas coidadoras”

Para más información sobre o programa pódese contactar co Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, na Rúa Santiago, 2, ou chamando ao teléfono 981 501 101.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email