Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cabalgata de Reis 2024

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a esperada Cabalgata de Reis, dentro da programación de Nadal, celebrarase este venres, día 5 de xaneiro, cun programa de actos que se desenvolverá durante toda a tarde.
Os Reis Magos e a súa comitiva chegarán a Arzúa ás 16:30h da tarde para comezar a súa estadía no noso municipio facendo unha visita ás persoas maiores da Residencia San José.
Unha hora máis tarde, as 17:30h, comezará o desfile que contará con tres carrozas para os Reis e os seus paxes. Ademais, a comitiva estará acompañada por música en directo e por paxes a cabalo en colaboración coa Asociación O Estribo que conducirán o percorrido ata rematar no Multiusos Terra do Queixo coa recepción e o reparto de agasallos. As Súas Maxestades traerán moreas de caramelos e lambetadas sen glute e feixes de libros para seguir fomentando en Arzúa a lectura e o uso da nosa lingua dentro da campaña municipal Arzúa Conta. Paralelamente, o Multiusos Terra do Queixo, lugar onde se desenvolverá a recepción a todas as nenas e nenos, contará con diversas actividades e obradoiros de balde de 17:00 a 21:00h.
O percorrido marcado polo Departamento de Cultura para a Cabalgata sairá dende a Casa da Cultura e pasará polas seguintes rúas: Santiago, Praza de Galiza, Avenida de Lugo, Fraga do Rei, Ramón Franco, Xosé Neira Vilas, Praza de San Xoán e regresará pasando de novo polas rúas Xosé Neira Vilas e Ramón Franco para dirixirse ao Multiusos Terra do Queixo pola Padre Pardo. En caso de mal tempo, o percorrido polas rúas quedará cancelado.
O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza “a participar na Cabalgata para vivir xuntos e xuntas como pobo unha xornada cargada de ilusión na que especialmente a concellaría que dirixo invirte moito esforzo e recursos”.

PROGRAMA DE ACTOS:

• 16:30 Visita dos Reis á Residencia San José
• 17:00 Inicio das actividades infantís no Multiusos Terra do Queixo
• 17:30 Saída da Cabalgata dende a Casa da Cultura
Percorrido polas rúas: Santiago, Praza de Galiza, Lugo, Fraga do Rei, Ramón Franco e Xosé Neira Vilas. Regreso polas rúas Xosé Neira Vilas, Ramón Franco e Padre Pardo
• 18:30 Chegada ao Multiusos Terra do Queixo
Recepción e reparto de agasallos
• 21:00 Remate das actividades infantís

Todos os caramelos e lambetadas son sen glute.
En caso de mal tempo suspéndese o percorrido polas rúas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email