Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa celebrou o Pleno de organización

O Concello de Arzúa celebrou o Pleno de organización

O Alcalde de Arzúa expresou a súa “satisfacción pola constitución dun goberno de unidade, que traballará sen descanso polo benestar da veciñanza de Arzúa”

Arzúa, 19 de xullo de 2023.- O Concello de Arzúa celebrou na tarde de hoxe o Pleno de organización, no que se puxeron en coñecemento da corporación as resolucións do Alcalde, Xoán Xesús Carril, a respecto da designación de membros da Xunta de Goberno e tenencias de Alcaldía , a determinación das concellarías así como as delegacións en órganos representativos.

Presidirá a Xunta de Goberno o Alcalde, Xoán Xesús Carril, e formarán parte deste órgano José Luís García, 1º Tenente de Alcalde, Begoña Balado, 2ª Tenente de Alcalde, Daniel Moscoso e Miguel Ángel Vallo.

Do mesmo xeito, someteuse tamén á aprobación do Pleno, que deu o seu respaldo unánime, á periodicidade das súas sesións ordinarias, que se celebrarán cada dous meses.

O Alcalde de Arzúa expresou a súa “satisfacción pola constitución dun goberno de unidade, que traballará sen descanso polo benestar da veciñanza de Arzúa, con diálogo e transparencia, porque os intereses das nosas veciñas e veciños deben estar sempre por diante de intereses partidarios” concluíu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email