Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Cruz Vermella: Curso de Técnicas de Mobilización de Pacientes

cruz_vermella

As datas nas que se celebrará serán os sábados 18, 25 de abril en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e o sábado 9 de maio en horario de 10:00 a 14:00 horas, nunha aula do multiusos do concello de Arzúa. En total son 20 horas de formación

Este curso está dirixido fundamentalmente a familiares, coidadores, celadores, auxiliares, pero tamén é unha formación que pode resultar de utilidade para a poboación xeral.

O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 16 de abril, tendo descontos do 10% para estudantes, voluntarios, socios ou desempregados. Os descontos poden chegar ao 20% para pequenos grupos así como para desempregados de máis de tres meses.

Para máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico arzua@cruzroja.es ou ben no teléfono 981 500 589 en horario de 9:30 a 13:30 de luns a venres.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia