Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

BECAS PARA A PARTICIPACIÓN NUN PROGRAMA INTENSIVA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS EN ESPAÑA

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convocan becas para a estancia e participación dun programa intensiva de inmsersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración, en réxime de internado e pensión completa, a partir do 30 de xuño e durante o mes de xullo de 2015.

Requisitos:

Nacidos entre o 1 de xaneiro de 1995 e o 31 de decembro de 1998 e estar matriculado no curso 2014-2015 en calquera curso de:
– bacharelato.
– ensinanzas profesionais de música e danza.
– grao medio de formación profesional.
– grao medio de artes plásticas e diseño.
– grao medio de ensinanzas deportivas, e
– ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
Ter obtido no curso 2014-2015 a condición de becario do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Ter obtido no curso anterior, unha nota final mínima de 7 puntos na asignatura de inglés.

Cuantía da beca

A adxudicación da beca dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Non obstante, para completar o precio total do curso, os alumnos abonarán 100 euros.
É por conta do alumno o traslado desde o domicilio ao centro de destino e deste ao seu domicilio.

Prazo de presentación

Aberto ata o 10 de abril de 2015.

Información

Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia