Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: Día Mundial da Resposta ante o VIH e a sida

Cruz Vermella Arzúa: Día Mundial da Resposta ante o VIH e a sida
Coincidindo co día 1 de decembro, Día Mundial da Resposta ante o VIH e a sida, Cruz Vermella lanza a campaña “Sé parte da cura social. “

Dende Cruz Vermella Xuventude, ponse en marcha unha campaña de prevención de infeccións de transmisión sexual. Os obxectivos fundamentais que se perseguen con esta iniciativa son, por unha banda mellorar a xestión da saúde das persoas, o seu benestar físico, psíquico e social. Por outra banda preténdense informar e sensibilizar á poboación sobre o VIH e outras enfermidades de transmisión sexual contribuíndo así á mellora da saúde individual e comunitaria.

A poboación xuvenil é o colectivo sobre o que se quere incidir con especial atención. Por iso en Arzúa, realizaranse varias charlas de sensibilización para os estudantes de 3º e 4º da ESO no IES, grazas á colaboración dos voluntarios que participar na posta en marcha de dita campaña.

Coincidindo con esta data, Cruz Vermella quere lembrar a existencia do servizo de Info-Prevención VIH/ITS/TBC, que aporta interactividade e sobre todo máis proximidade ás persoas.

Consta dun teléfono gratuíto, confidencial e anónimo (900 111 000) os sete días da semana sendo o seu horario de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas e sábados e domingo de 9:00 a 15:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email