Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Corte no Camiño a Maroxo

Con motivo da execución das obras de Construcción da Autovía A-54 tramo Arzúa Oeste – Melide Sur e o recheo do paso superior do p.k. 3+900, é necesario o corte do camiño que descorre desde o sur de Arzúa á aldea de Maroxo de Arriba.

As datas previstas de corte van desde o 18 de Marzo ata o 18 de xuño.

Coa fin de afectar o menos posíbel aos usuarios do camiño, proponse os desvios que se reflexan nos planos que engadimos e que describimos a continuación:

  • Desvío pola estrada que une DP-7901 coa AC-905, saida á AC-905 (estrada de Portodemouros), retorno ao camiño de Maroxo de Arriba por Pastoriza a Nova. Este percorrido pode efectuarse en ambos sentidos de circulación.
  • Desvío por estrada que une DP-7901 coa AC-905, saida á DP-7901 tomando dirección San Miguel e Ponte de Lema para coller a estrada de Maroxo de Arriba nesta localidade. Este percorrido pode realizarse en ambos sentidos de circulación.

Permitirase o acceso aos usuarios de fincas e similares en todo momento.

Priorízase o recheo de terras do camiño que repoñerá o actual e que pasa por riba da autovía.

Darase paso polo novo camiño que leva de Arzúa a Maroxo de Arriba o antes posíbel.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email