Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A Concellaría de Igualdade do Concello de Arzúa lanza o programa «Tecendo Camiños”.

Venres 15 de marzo de 2024

A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa lanza o programa “Tecendo Camiños”, un proxecto no cal a través de diferentes andainas realizadas pola contorna de Arzúa, se pretende propiciar a creación de espazos seguros ao longo de toda a extensión xeográfica do concello.

En moitas ocasións as mulleres desbotan a opción de saír soas a camiñar ao aire libre por non percibir este como un espazo seguro. A través de oito andainas formuladas entre os meses de abril e xuño preténdese outorgar a estes espazos a seguridade que falta.

Camiñar non será o obxectivo principal deste proxecto, xa que nas propias andainas traballaranse diferentes temáticas arredor do empoderamente feminino e da detección e prevención das violencias machistas. Por medio das andainas preténdese xerar espazos seguros que favorezan o intercambio de experiencias; aportar ferramentas para o empoderamento das mulleres asistentes; detectar e visibilizar as diferentes formas nas que se manifestan as violencias machistas; e crear unha rede de apoio entre as mulleres asistentes para promover unha autonomía que as permita participar e desfrutar con seguridade en espazos públicos

As andainas se organizan en torno a catro temáticas:

  • Mulleres en loita. Dúas andainas de recoñecemento da historia do feminismo a nivel mundial, español, galego e local.
  • As rúas tamén son nosas. Realizaranse dinámicas que procuren a reapropiación dos espazos públicos como propios.
  • Fagámolo visible. Existen moitas tipoloxías de violencia que pasan desapercibidas. En esta andaina faranse visibles para poder identificalas e combatelas.
  • Irá adicada a coñecer a mulleres referentes en diversos ámbitos sociais e a visibilizar os logros das mulleres que nos precederon ao longo da historia.

Este programa dirixise a mulleres, e terán prioridade mulleres vítimas de violencias machistas ou en situación de vulnerabilidade (inmigrantes, con diversidade funcional, baixa cualificación ou baixos ingresos, etc.)

As prazas son limitadas e a inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres. Para máis información poderase chamar ao teléfono 981 501 101.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email