A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa INFORMA que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o Programa CAMPAÑA DE VERÁN 2018.
O obxectivo é facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre.
As diferentes actividades que integran esta oferta xeral levaranse a cabo tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.
Poden participar neste programa os mozos e mozas
– residentes en Galicia.
– con idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos de idade.
– non padecer enfermidades transmisibles con risco de contaxio nin trastorno de conduta.
– as persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% que no seu certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
O prazo de solicitude remata o 16 de maio de 2018.
Máis información:
* DOGA n.º 80 do 25 de abril de 2018.
* www.xuventude.xunta.es
* Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa.