Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cabalgata de Reis 2023

Cabalgata de Reis 2023

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a esperada Cabalgata de Reis, dentro da programación de Nadal, celebrarase este xoves, día 5 de xaneiro, a partir das 17:00 h da tarde.

Despois de dous anos nos que houbo que reinventarse para acoller a visita das Súas Maxestades debido á pandemia, este ano retómase o desfile que contará con vehículos especiais para os Reis e os seus paxes. Ademais, a comitiva estará acompañada por música en directo, cabezudos e polo parque móbil dos Bombeiros de Arzúa que conducirán o percorrido ata rematar no Multiusos Terra do Queixo coa recepción e o reparto de agasallos. As Súas Maxestades traerán moreas de caramelos e lambetadas sen glute e feixes de libros para seguir fomentando en Arzúa a lectura e o uso da nosa lingua dentro da campaña municipal Arzúa Conta. Como novidade, este ano o Multiusos Terra do Queixo, lugar onde se desenvolverá a recepción a todas as nenas e nenos, contará cunha nova decoración e con diversas actividades e obradoiros de balde.

O percorrido marcado polo Departamento de Cultura para a Cabalgata sairá dende a Casa da Cultura e pasará polas seguintes rúas: Santiago, Praza de Galiza, Avenida de Lugo, Fraga do Rei, Ramón Franco, Xosé Neira Vilas, Praza de San Xoán e regresará pasando de novo polas rúas Xosé Neira Vilas e Ramón Franco para dirixirse ao Multiusos Terra do Queixo pola Padre Pardo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email