Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO 2023

Con motivo do Entroido 2023 o Concello de Arzúa organiza un concurso o domingo 12 de febreiro ás 17:00h no Multiusos Terra do Queixo de Arzúa. Para fomentar a participación convócase un ano máis o tradicional concurso de disfraces de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA. Para participar é obrigatorio inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981500222 desde o día seguinte ao da publicación no BOP do extracto da convocatoria ata o xoves 9 de febreiro, en horario de 8:30 a 14:00h.Tamén se pode presentar solicitude de participación pola Sede Electrónica, mediante modelo de instancia xeral.
No momento da inscrición deberase indicar o número de compoñentes e o lema ou nome do disfraz para a identificación.
A inscrición efectuada por persoas físicas (sen ser en representación dunha persoa xurídica), para participar en grupo ou comparsa, determinará a asunción pola dita persoa de todas as obrigas que derivan da obtención dos premios, incluídas as de índole fiscal. Ditas persoas previamente á participación asinarán declaración responsable ao respecto, presentarán documentación acreditativa da personalidade, cumprimento de requisitos para ser beneficiario dos premios, así como certificado de conta bancaria na que efectuar o ingreso, de corresponder.

SEGUNDA: Haberá catro categorías:
– Comparsa: conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo.
– Grupo: conxunto de persoas de entre 2 e 8 compoñentes representando un mesmo motivo.
– Individual infantil: nesta modalidade poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 17 anos.
– Individual adulto: nesta modalidade poderán participar persoas de 18 anos en diante.
A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría

TERCEIRA: Os premios establecidos polo Departamento de Cultura son:

Comparsas
1º: 550 €
2º: 300 €
3º: 150 €

Grupos
1º: 300 €
2º: 200 €
3º: 120 €

Individual Infantil
1º: 120 €
2º: 80 €

Individual Adulto
1º: 120 €
2º: 80 €

O xurado tamén concederá un premio simpatía de 100 euros a un grupo ou comparsa do municipio que non acadara ningún dos premios anteriores e que sume a maior puntuación no apartado “simpatía” da valoración do xurado.

CUARTA: A cualificación das distintas modalidades será determinada polo xurado do concurso que estará composto por catro representantes nomeados polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.

QUINTA: Durante o desenvolvemento do concurso, o xurado valorará:

Comparsas e Grupos:
– Vestiario e maquillaxe 0 a 4 puntos
– Traballo feito a man 0 a 2 puntos
– Emprego de materiais de refugallo 0 a 2 puntos
– Orixinalidade 0 a 3 puntos
– Coreografía e música 0 a 3 puntos
– Organización e efecto do conxunto 0 a 3 puntos
– Simpatía (interacción co público) 0 a 5 puntos

Disfraces Individuais (infantís e adultos):
– Orixinalidade do vestiario 0 a 4 puntos
– Traballo feito a man 0 a 2 puntos
– Emprego de materiais de refugallo 0 a 2 puntos
– Maquillaxe 0 a 2 puntos
– Simpatía (interacción co público) 0 a 5 puntos

SEXTA: Desenvolvemento do concurso:
Os participantes deberán presentarse no Multiusos Terra do Queixo como mínimo media hora antes do inicio pasando pola mesa de control xunta o escenario para recibir a orde de actuacións.
A participación desenvolverase sobre escenario (co público sentado) cun tempo máximo de 5 minutos. As medidas do escenario serán de 8 metros de fondo x 15 metros de ancho con rampa de acceso de 2,5 metros de ancho.
Os participantes que precisen de música específica para a actuación deberana enviar por correo electrónico en formato .mp3 a cultura@concellodearzua.com ou indicar o título da canción e o nome do grupo/artista antes de que remate o prazo de inscricións.
Os premios serán aboados mediante transferencia bancaria e a entrega simbólica dos mesmos terá lugar o mesmo día de celebración do concurso, unha vez feita a avaliación polo xurado.

SÉTIMA: A orde de actuación será coincidindo coa orde de inscrición nas diferentes modalidades (individual infantil, individual adulto, grupos e comparsas).

OITAVA: A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do xurado inapelable.

Os presentes premios serán outorgados con cargo á partida orzamentaria 334.480.02 do vixente orzamento na data do concurso, ata o límite de 2.120 euros.
Os premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

DESCARGAR BASES EN GALEGO
DESCARGAR BASES EN CASTELLANO

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email