Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

AXUDAS PARA A REALIZACION DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS EN GALICIA

A Consellería de Educación convoca axudas destinadas a financiar os gastos de matrícula universitaria do alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2014/2015 no Sistema Universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.

Importe das axudas:
A dotación asignada a cada beneficiario será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e mantemento de tarxeta de identidade, que será dun máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura e dun máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

Requisitos académicos:
Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.
Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema Universitario de Galicia no curso académico 2014/2015 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.
Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ata o 8 de novembro de 2014.
Máis información no DOG do 8 de outubro de 2014 e en www.edu.xunta.es

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia