Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa Viva 2020

Arzúa Viva 2020

O espectáculo A viaxe de Saira e a celebración do programa Arzúa Viva centran os actos da última fin de semana de xullo.

 

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo as actividades do mes de xullo dentro da programación cultural deseñada para este verán.

En primeiro lugar, este venres día 24 celebrarase a véspera do Día de Galicia cun gran espectáculo que mestura teatro, títeres e música nunha montaxe de ambientación medieval sobre o Camiño de Santiago titulada “A viaxe de Saira” que terá lugar no Multiusos Terra do Queixo ás 20:00h.

Trátase dunha proposta participativa, dirixida a un público infantil e familiar cun elenco de actores, titiriteiros e músicos nun ambicioso proxecto de innovación artística.

No mesmo escenario celebrarase o domingo 26 a decimoterceira edición de Arzúa Viva. A situación actual impide que se poida celebrar como de costume con obradoiros, actividades de aventura, inchables, etc. Por iso, o Departamento de Cultura dalle un novo enfoque a este evento programando unha xornada con varias actuacións de escenario para todos os públicos.

A tarde comezará ás 17:00h con Pablísimo e un contacontos infantil titulado “O Paroleiro”, unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral.

Ás 18:30h a quenda será para Pakolas que ofrecerá un concerto para toda a familia con cancións baseadas no seu primeiro libro-disco en solitario editado por Galaxia, na súa colección Sonárbore. Esta actuación será ademais retransmitida en directo a través da páxina de Facebook do Departamento de Cultura.

O evento rematará cun monólogo de Paula Carballeira para público mozo e adulto ás 20:00h.

A entrada será libre ata completar aforo e o uso de máscara, obrigatorio. Nas actuacións do domingo haberá un descanso de 30 minutos entre cada unha delas.

 

PROGRAMACIÓN:

Venres 24: Espectáculo de teatro e música “A viaxe de Saira”. Multiusos Terra do Queixo | 20:00

Domingo 26:

17:00 Os contos de Pablísimo «O paroleiro» (espectáculo infantil)

18:30 Pakolas en concerto (espectáculo familiar) *Esta actuación retransmitirase en directo en facebook.com/culturaconcelloarzua

20:00 Monólogo de Paula Carballeira (mocidade e público adulto)

Multiusos Terra do Queixo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email