Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa súmase á conmemoración do Día das diversidades sexuais

Arzúa súmase á conmemoración do Día das diversidades sexuais
ADHESIÓN Á CAMPAÑA PROVINCIAL «SER E SENTIR»
Desde o Concello de Arzúa, con motivo da conmemoración hoxe 28 de xuño do Día das diversidades sexuais, en colaboración coa Deputación da Coruña, impúlsase unha campaña de sensibilización para visibilizar a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. Co fin de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais, este ano dáselle continuidade á Campaña «Liberdade de ser e sentir!» na que participan 51 concellos da provincia, entre eles Arzúa.
Por unha banda, dende a Deputación Provincial están a organizar unhas serie de actividades que se poden consultar no portal web www.seresentir.gal con propostas como palestras, entrevistas virtuais relacionadas coa diversidade sexual tratadas desde diferentes ámbitos sociais, contacontos e difusión dunha serie web sobre educación sexual para adolescentes, ademais doutros recursos e contidos.

OBRADOIRO EN ARZÚA: «A VIDA É DE CORES! UNHA EDUCACIÓN ALÉN DO BRANCO E NEGRO
Por outra banda, o Concello de Arzúa reforzará esta iniciativa acollendo o vindeiro luns 11 de xullo o obradoiro «A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro» sobre diversidades afectivo-sexuais para a cativada co obxectivo de favorecer o bo trato e os coidados, previr o rexeitamento e o auto-rexeitamento por motivos de orientación ou identidades e aprender a poñer límites e expresar os afectos de maneira saudable. Nesta actividade participará a rapazada de entre 5 e 7 anos do programa municipal de conciliación.
Desde o Concello convidan a todos os veciños e veciñas a participar nas distintas actividades así como a dar difusión a esta campaña empregando o cancelo #seresentir nas redes sociais.

SUMÁMONOS Á DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA FEMP (FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS)
Do mesmo xeito, con motivo desta conmemoración, desde a FEMP elaboraron unha Declaración institucional á que se suma o Concello de Arzúa como compromiso coa igualdade, a universalidade dos dereitos e a condena firme de calquera tipo de discriminación. VER DECLARACIÓN INSTITUCIONAL.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email