Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

CONSELLOS PARA A NOITE DE SAN XOAN

Dada a proximidade da noite de San Xoán na que se encenden innumerables cacharelas e en prevención dos perxuízos que a persoas e bens públicos ou privados puideran producirse, dende o Concello de Arzúa infórmaselle a todos os veciños e veciñas dunha serie de recomendacións que, sen ánimo de coartar o espíritu festivo, deben tomar en consideración:

1. As cacharelas deben situarse en lugares despexados de masas arbóreas e edificacións; nunca sobre vías pavimentadas ou terreos enlousados xa que provocan a degradación e deterioro do solo. É preciso alonxalas de lugares onde se almacenen produtos inflamables e, dende logo, evitar a súa ubicación debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos.

2. A fogueira debe ter unhas dimensións razonables. No casco urbano non debe ter unha altura superior a un metro e non máis de seis metros de diámetro.

3. Queda totalmente prohibida a queima de neumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites e, en xeral, calquera substancia que desprenda fume tóxico ao arder. Seguridade e coidado do medio ambiente, ante todo.

4. É preciso ter á man algún sistema de extinción (mangueiras, extintores ou mecanismos de bombeo) con capacidade suficiente para limitar o alcance das lapas ou, para apagar a cacharela de forma inmediata diante de calquera emerxencia.

5. Ao rematar a cacharela e antes de abandonar o lugar, deben coidar de que o pavimento quede no mesmo estado que se encontraba antes de comezar o lume e asegúrense de que non quede ningún rescoldo aceso. Eviten así que a Noite de San Xoán se prolongue máis do esperado.

O Concello de Arzúa agradece a colaboración de todos os veciños e veciñas co fin de que a Festa do San Xoán transcurra nun ambiente de sana e pacífica convivencia cidadá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email