Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa celebra este sábado o “Día da Xuventude”

Arzúa celebra este sábado o “Día da Xuventude”

Arzúa celebrará mañá sábado, 6 de maio, o “Día da Xuventude”, un novo programa de lecer e educación non formal dirixido aos mozos e mozas do municipio, impulsado pola Consellería de Política Social e Xuventude en colaboración co Concello de Arzúa.
O Día da Xuventude terá lugar no recinto feiral “Terra do Queixo” en horario das 16 ás 21 horas da tarde deste sábado. Contará cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás familias, dado que esta iniciativa tamén está pensada para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.
Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:
Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.
Lecer educativo: Fútbol burbulla, futbolín humano, slackline e tiro con arco.
Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.
Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.
Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.
Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.
Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.

Ademais desta programación de carácter lúdico e formativo, a xornada incluirá tamén a actuación de Human Band ás 20 horas no recinto feiral.
Dende o concello de Arzúa convídase a toda a mocidadé arzuá e ás súas familias a desfrutar desta xornada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email