Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Aberta a convocatoria de axudas da Deputación da Coruña para o 2015

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura da Convocatoria de programas de apoio á cultura e ao deporte, dirixidos a entidades sen ánimo de lucro para actividades e investimentos durante o ano 2015 , tal e como se anuncia no B.O.P. nº 205 do luns, 27 de outubro de 2014.

Poderán acollerse a estas axudas as asociacións de carácter cultural e deportivo da provincia da Coruña que estén legalmente constituídas. Neste caso, as interesadas poderán realizar as solicitudes ata o 20 de novembro de 2014.

O importe mínimo do orzamento da actividade ou investimento será de 3.000 euros, dos cales, con caracter xeral, se solicitará entre un 20 e un 70% do presuposto de gastos.

As solicitudes deberán formularse telematicamente na aplicación web da Deputación da Coruña (www.dicoruna.es).

Poden informarse nas instalacións municipais do Departamento de Cultura ou chamar ao teléfono 981 500 222.

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn
Compartir en pinterest
Pinterest
Compartir en whatsapp
WhatsApp
Compartir en email
Email