Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A Concello de Arzúa presentou a súa oferta na Feira Internacional de turismo interior

Arzúa 18 de novembro.– A concelleira de Turismo do Concello de Arzúa, Begoña Balado, participou na Feira Internacional de Turismo de Interior que se celebrou en Valladolid os días 16 ao 19 de novembro.

Neste marco puxo en valor o Camiño de Santiago o seu paso por Arzúa, como un activo clave no desenvolvemento económico no rural pola súa capacidade de capilarizar os fluxos turísticos nas terras do interior. Proba disto é a importancia desta actividade e especialmente para Arzúa que foi quen de tecer unha malla mesta de aloxamentos na que teñen cabida casas de turismo rural, albergues e hoteis. A oferta turística de Arzúa está presente no stand da Deputación Provincial da Coruña en Intur xunto coas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Reserva da Biosfera.

A Concello de Arzúa presentou a súa oferta na Feira Internacional de turismo interior

A concelleira está a manter contactos con diversos operadores nacionais e internacionais para atraer visitantes cara os recursos de patrimonio, gastronómicos e paisaxísticos de Arzúa. Para Begoña Balado “O goberno municipal ven traballando desde a súa formación nun plan para dinamizar a actividade turística en base a tres criterios: a calidade da oferta, a desestacionalización da demanda e o fomento da convivencia entre turistas e os veciños e veciñas de Arzúa.» A Feria Internacional do Turismo de Interior, é un escenario de traballo no que participan 70 touroperadores, 35 axencias de viaxes, hoteis, compañías de transporte, destinos, empresas de turismo activo, gastronómico, enolóxico, turismo de eventos, idiomático… en definitiva, todos os segmentos que dan forma ao turismo de interior.

Intur Negocios articula os seus contidos en tres espazos: un mercado de contratación, un área de exposición e xornadas de formación nas que se analizan aspectos como o impacto do patrimonio no turismo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email