Daniel Moscoso, concelleiro da área de xuventude, destacou o papel fundamental da aula: «A Aula CeMIT está pensada como un espazo de formación e de ocio, destinado a eliminar a fenda dixital e a desigualdade social que implica o acceso ás novas tecnoloxías.»
O espazo innovador ofrece dúas modalidades de acceso: presencial nas instalacións de luns a venres de 9 a 15 horas e os martes e xoves de 16 a 20 horas, ou a posibilidade de inscribirse en numerosos cursos que se anunciarán nas vindeiras semanas. Estes cursos abarcarán desde a alfabetización dixital ata o desenvolvemento de habilidades máis avanzadas.
«A Aula CeMIT vai máis aló dun simple espazo de aprendizaxe; é un punto de encontro vital para a xuventude e unha plataforma de ocio educativo, no que ten especial relevancia a alfabetización dixital da terceira idade,» engadiu Moscoso.