Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa oferta varios cursos de alfabetización dixital e dous obradoiros da app do sergas

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para tres cursos de alfabetización dixital de 30 horas de duración cada un deles onde, dun xeito progresivo, se iniciará aos asistentes aos smartphones e as súas aplicacións máis empregadas baixo android e no pc: buscadores, navegadores, correo electrónico, administración electrónica e un inicio ao procesador de textos libreoffice writer . Estes cursos inícianse: O primeiro o día 21 de febreiro, o segundo o 22 de marzo, ambos de 11:30 a 13:00 e o terceiro en horario de tarde, de 18:15 a 19:45 que comeza o 19 de abril .
Tamén se ofertan prazas para dous obradoiros para a instalación, uso e configuración da app do sergas; sergasmóbil . Os días 7 e 28 de marzo de 18:30 a 20:00 Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e o venres de 11:30 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal

A aula CeMIT do Concello de Arzúa oferta varios cursos de alfabetización dixital e dous obradoiros da app do sergas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email