Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello retoma a campaña “Arzúa, a túa tenda” para a reactivación do comercio e da hostalaría local

En colaboración coa AECA emitiránse bonos que os veciños destinarán ás compras e consumicións nos establecementos do municipio

Arzúa, 23 de febreiro de 2022.- O concello de Arzúa en colaboración coa AECA (Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa) pon de novo en marcha a campaña “ARZÚA, A TÚA TENDA” destinada a reactivar e fomentar a economía local mediante a emisión de bonos para o consumo no municipio.

Apoiar o desenvolvemento local e reducir os efectos da crise no sector comercial e hostaleiro é o obxectivo desta campaña, que o concello de Arzúa desenvolve mediante a emisión de 2 tipos de bonos:

  • Bonos comercio: por importe de 20 euros para realizar compras directas nos establecementos comerciais que se adhiran á campaña. (A compra/gasto facturado será igual ou superior a 50 € )
  • Bonos hostaleria: por importe de 10 euros para realizar consumicións nos locais de hostaleria que se adhiran á campaña. (A compra/gasto facturado será igual ou superior a 20 € )

As persoas do sector do comercio e da hostalaría do municipio interesados en participar na iniciativa deben poñerse en contacto coa AECA para xestionar a súa adhesión a dita campaña antes do 28 de febreiro. Como entidade colaboradora a AECA xestionará as citadas subvencións e asesorará aos interesados na súa tramitación.

Os bonos xa se poden comezar a adquirir, na sede da asociación de empresarios, as tarxetas bono para gastar nos establecementos que se adhiran á campaña “ARZÚA, A TÚA TENDA”. A partires do 28 de febreiro publicarase a listaxe completa de comercios nos que se poden gastar os bonos.

O prazo para gastalos abranguirá ata o día 31 de marzo de 2022 e será compatible co período de rebaixas. Así se ideou para apoiar ao tecido empresarial nestes primeiros meses do ano, nos que enfrontamos a datas complicadas como consecuencia da pandemia do COVID-19.

Poden ver as bases completas no BOP  num. 24 do 04/04/2022. Ver o BOP.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email