Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Última Semana dos Campamentos Urbanos Olimpiarte

 

Última Semana dos Campamentos Urbanos Olimpiarte

Na primeira semana dos campamentos urbanos Olimpiarte, as crianzas aprenderon sobre a historia dos xogos olímpicos e as olimpíadas de verán. Mediante xogos e actividades deportivas, coñeceron disciplinas como o atletismo, a natación e o baloncesto, destacando os valores de esforzo e superación.

Na segunda semana, centrámonos nas olimpíadas de inverno. As crianzas tiveron a oportunidade de descubrir deportes como o esquí, o patinaxe sobre xeo e o hóckey. A través de simulacións e xogos, interiorizaron a importancia do traballo en equipo e a perseveranza.

E esta semana toca explorar as paralímpicas. A través de xogos de roles e actividades inclusivas, pretendemos que as crianzas empatizen con aquelas persoas que no seu día a día conviven con algunha discapacidade física, poñendo en valor a súa resiliencia e capacidade de superación.

Con estes obradoiros quixemos facilitar a conciliación das familias, así como garantir o dereito das crianzas a un tempo de lecer no que aprender e facer deporte. Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración entre as diferentes concellerías de Deportes, Infancia e Igualdade.

«Desde o Goberno Municipal entendemos que as concellerías non son compartimentos estancos. Hai políticas que son transversais e que deben chegar a todas as áreas. Hoxe en día non se pode falar de Deporte sen falar de Igualdade, nin de Infancia sen falar de conciliación ou do dereito á infancia ao tempo de ocio de calidade. O Olimpiarte é un bo exemplo disto, e tras o éxito do mesmo estamos seguras e seguros que haberá máis iniciativas similares de traballo entre Concellerías,» comentou Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa.

Para máis información, visite arzua.gal ou chame ao 981 500 000.

Última Semana dos Campamentos Urbanos Olimpiarte Última Semana dos Campamentos Urbanos Olimpiarte

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email