Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Solicitude tarxetas moedeiro para persoas e familias en situacións de vulnerabilidade económica pola crise da COVID-19

Os servizos sociais comunitarios do concello de Arzúa INFORMAN que mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia, iniciouse a execución dun programa extraordinario de axudas económicas para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionado pola COVID-19, a través de TARXETAS-MOEDEIRO para a adquisición de productos de alimentación, hixiene e farmacia.

Serán beneficiarias do programa as persoas e familias residentes en Galicia que se atopan en situación de vulnerabilidade económica, ben porque carecen de ingresos efectivos, ou ben porque os ingresos da unidade de convivencia non acadan o importe que lle corresponderia en concepto de tramo persoal e familiar de RISGA, e non son perceptoras de prestacións económicas regulares de periodicidade mensual como RISGA, Pensións non contributivas, Ingreso Mínimo Vital, RAI, prestacións por desemprego, etc.

As trarxetas-moedeiro cárganse con distintos importes de axuda económica en función do número de persoas integrantes da unidade familiar, cunha periodicidade de 3 meses.

As solicitudes tramitaranse polos servizos sociais comunitarios municipais, Para elo terán que solicitar cita previa a través do teléfono 981500000, ext. 140.

Arzúa, 2 de xullo de 2020

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email