Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Proxección do capítulo 1 de “Arrieiros Somos” e do documental “Outros Camiños” coa presenza de Rubén Riós

Proxección do capítulo 1 de “Arrieiros Somos” e do documental “Outros Camiños” coa presenza de Rubén Riós

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa estreará este venres a programación de verán cunha proxección audiovisual dirixida por Rubén Riós.
Deste xeito, o Multiusos Terra do Queixo acollerá ás 20:30h do venres o visionado do primeiro capítulo da serie Arrieiros Somos e do documental Outros Camiños coa presenza dos protaginistas e do propio director.
A proxección consistirá na reprodución da primeira entrega de Arrieiros Somos gravada en Salmonte, na parroquia arzuá de Burres, que conta a historia de Cecília Camino e o seu fillo Manoliño sobre o amor incondicional entre nai e fillo despois de criarse sen a figura paterna e a loita e a constancia de Manoliño entre a súa discapacidade e o ámbito rural. Este capítulo foi o que alcanzou unha maior repercusión superando as 22.000 visualizacións en Youtube desde o seu lanzamento.
A actividade completarase co visionado do derradeiro documental dirixido por Rubén Riós titulado Outros Camiños estreado o pasado 28 de Abril nos Cinemas Callao en Madrid. Estre proxecto mestura Camiño de Santiago e deporte cuns protagonistas de excepción, persoas con parálise cerebral. Sen dúbida un proxecto moi ameno, divertido e de gran resonsabilidade social que de maneira directa e indirecta levará ao público asistente a grandes reflexións.
Esta actividade será de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade.

VER TRAILER

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email