Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación Entroido 2024

Programación Entroido 2024

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o Entroido unha programación de actividades que dará comezo o domingo 4 de febreiro co concurso de disfraces ao que se lle suman unha actuación de música e baile tradicional, un baile de disfraces e, como novidade, un certame de elaboración de mecos.

PROGRAMACIÓN:
Domingo 4 de febreiro. CONCURSO DE DISFRACES presentado por Xan Veiga
Multiusos Terra do Queixo | 17:00
2.120 euros en premios
Inscricións ata o 1 de febreiro ás 14:00
Departamento de Cultura
Teléfono 981 500 222
Máis información AQUÍ

Sábado 10 de febreiro. MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
Actuación de O BRINGUELO
Praza de Galiza | 18:30
*En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo

Martes 13 de febreiro. BAILE DE DISFRACES
Inchables
Chocolatada popular
Actuación do dúo musical ESTRELLAS
Praza de Galiza | 17:00-20:00
*En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo

CONCURSO DE MECOS
• Elabora o teu meco e envíanos unha foto a cultura@concellodearzua.com antes do 8 de febreiro ás 14:00h
• Deberá estar colocado nun lugar visible (balcón, galería, establecemento comercial, centro educativo…)
• Vota o teu meco favorito cun “gústame” na paxina de Facebook e Instagram do Departamento de Cultura do 9 ao 15 de febreiro
500 euros en premios
Máis información AQUÍ

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “a toda a veciñanza a participar activamente nestas festas que significan moito para as nosas tradicións e cultura”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email