Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación cultural «Outono a escena»: Outubro 2020

Programación cultural "Outono a escena": Outubro 2020

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pon en marcha por quinto ano consecutivo o programa cultural Outono a escena que dinamizará as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións teatrais e musicais para todos os públicos.
O certame ofertará catroce propostas culturais repartidas nos dous meses. A primeira delas terá lugar este sábado, día 3 de outubro, no Local Social de Santa María ás seis da tarde onde terá lugar a actuación de Iria Estévez co espectáculo musical “Caminhos do Fado”. Trátase dun proxecto centrado na lusofonía pero abrindo portas doutras músicas chegadas dende Brasil, Cuba ou México. O dúo formado por Iria Estévez e Gonzo Piña será o encargado de interpretar un repertorio composto principalmente de fado e cantiga galega.
Na xornada do sábado 10 de outubro a Capela da Madanela acollerá unha actuación teatral enmarcada no proxecto Camiño Escena Norte que trae a Arzúa a compañía asturiana Luz, micro y punto e o espectáculo de teatro infantil e familiar “Celeste”. A actuación terá lugar ás seis da tarde e completarase cun obradoiro infantil de iniciación ao teatro de sombras o día anterior, venres 9, dirixido á rapazada de 6 a 10 anos. Esta actividade realizarase na Biblioteca Municipal de 17:30 a 19:00h. Para participar en calquera destas dúas actividades incluídas no proxecto Camiño Escena Norte será necesario inscribirse previamente no teléfono 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com.
Nas seguintes semanas contarase tamén coas representacións teatrais de “A tartaruga Manola” a cargo da compañía A Laberca o domingo 18, con narración oral da man de Tarabela Creativa e a obra “Costureiras” que se representará o día 25 e a presentación do libro de Severino Fernández Abel “Unha matanza esquecida” o sábado 31 de outubro.
A programación de Outono a escena continuará no mes de novembro con monólogos e actividades dirixidas ao público infantil para conmemorar o Día do Infancia.
Todas as actuacións levaranse a cabo cumprindo rigorosamente os protocolos de hixiene e prevención fronte á Covid-19.

PROGRAMACIÓN:
Sábado 3. Música: Iria Estévez con “Caminhos do Fado”. Local Social de Santa María | 18:00

Venres 9. Obradoiro: Iniciación ao teatro de sombras. De 6 a 10 anos. Biblioteca Rosalía de Castro | 17:30-19:00
*Necesaria inscrición previa no teléfono 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com

Sábado 10. Proxecto Camiño Escena Norte: Compañía Luz, micro y punto (Asturias) con “Celeste” (teatro infantil e familiar). Capela da Madanela | 18:00
*Necesaria inscrición previa no teléfono 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com

Domingo 18. Teatro infantil e familiar: A Laberca con “A tartaruga Manola”. Casa da Cultura | 18:00

Domingo 25. Narración oral: Tarabela Creativa con “Costureiras”. Local Social de Santa María | 18:00

Sábado 31. Presentación do libro: “Unha matanza esquecida” de Severino Fernández Abel. Capela da Madanela | 18:00

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email