O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa presenta a programación cultural do Nadal 2023-2024 con diferentes propostas como concertos, contacontos, maxia, actividades infantís e exposicións.
O concelleiro de cultura, José Luís García, convida a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta programación que se presenta como “un amplo e variado abano de posibilidades para o tempo de lecer durante o Nadal con propostas para todos os públicos”.
PROGRAMACIÓN:
VENRES 8 DE DECEMBRO
DÍA DO COMERCIO LOCAL
Máis información
VENRES 15 DE DECEMBRO
CICLO NADAL SONORO: Homenaxe á música tradicional galega con Cristian Leggiero & Paty Lesta
Capela da Madanela | 21:00
VENRES 22 DE DECEMBRO
CONTACONTOS: “O Apalapdor e a nena sen medo” de A Xanela do Maxín
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro | 18:00
VENRES 22 DE DECEMBRO
CICLO NADAL SONORO: Concerto de Jamila Purofilin “Alma bohemia”
Capela da Madanela | 21:00
DO 26 AO 30 DE DECEMBRO E 2, 3 E 4 DE XANEIRO
EXPOSICIÓN: «Murmullos anidados» de Belén Diz
Capela da Madanela | 18:30-20:30
*Inauguración o martes 26 ás 12:00h
MARTES 26 DE DECEMBRO
MAXIA: Espectáculo “Enmaxiarte” de Dani Polo
Multiusos Terra do Queixo | 18:00
VENRES 29 DE DECEMBRO
CICLO NADAL SONORO: Concerto de Pablo Vila
Capela da Madanela | 21:00
MARTES 2 DE XANEIRO
FESTA INFANTIL con inchables, obradoiros e chocolatada
Multiusos Terra do Queixo | 16:00-20:00
VENRES 5 DE XANEIRO
CABALGATA DE REIS
Saída ás 17:30 da Casa da Cultura, percorrido polas rúas e chegada ao Multiusos Terra do Queixo. Recepción, reparto de agasallos e actividades infantís.
(En caso de mal tempo suspéndese o percorrido exterior)