O Departamento de Promoción Ecoómica INFORMA que:
A Consellería de Economía e Industria convocou a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a actuacións de mellora da eficiencia enerxética e seguranza nas instalacións de ascensores existentes pertenencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de xullo
Terán a consideración de actuacións subvencionables:
- Subsititución de equipamento por unha máquina de tracción directa, sen reductor.
- Substitución de motores por outros controlados por variador de frecuencia ou aparellos con propósito equivalente.
- Instalación de controis con sistemas de detectores de presenza.
A intensidade da axuda será dun 50% do investimento subvencionable pero en ningún caso, poderá concederse unha subvención superior a 3000 euros por comunidade de propietarios.
Para máis información dirixirse a oficina da axente de emprego e desenvolvemento local ou no Diario Oficial de Galicia do día 8 de xuño de 2012.