Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

PROGRAMA REDE PARAUGAS ALZHÉIMER

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa informan que o proximo venres 29 de novembro de 2019, no edificio María Mariño sito na rúa Padre Pardo, n.º 33, levarase a cabo unha xornada de axuda mutua para familiares de persoas con demencia en horario de 9 a 12 horas.

A Federación Alzhéimer Galicia e as súas asociacións membros, en colaboración con AGADEA e o Concello de Arzúa, son as encargadas de levar a cabo o Programa Rede Paraugas Alzheimer neste Concello.

Este programa vai destinado a familiares coidadores de persoas con alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa.

Para máis información pode dirixirse aos servizos sociais do concello ou presentándose directamente na xornada programada para o día 29 de novembro.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia