Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Presentación do Libro «Viva! Os Xenerais da Ulla» no Museo do Pobo Galego! 

Asistimos á presentación do Libro «Viva! Os Xenerais da Ulla» no Museo do Pobo Galego!

O pasado martes, asistimos á presentación do libro «Viva! Os Xenerais da Ulla». Unha obra na que puxemos o noso grao de area para que vira á luz a través da Concellería de Patrimonio.

O libro reúne un conxunto de 154 imaxes tomadas entre os anos 2019 e 2023 que retratan a tradición do Entroido nos concellos de Silleda, Vila de Cruces, A Estrada, Santiago, Vedra, Teo, Boqueixón, Touro, Arzúa e Padrón. A obra complétase cun texto do músico e investigador Fernando Reyes, centrado nos orixes e modelos de representación dos míticos Xenerais.

Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa, destacou: «O Concello de Arzúa ten un compromiso claro co noso Patrimonio tanto material como inmaterial e coa nosa Memoria. Por iso é unha auténtica honra estar hoxe aquí, no Museo de todas as galegas e galegos, para coñecer máis sobre o Entroido dos Xenerais do Ulla, unha tradición da que facemos parte a través do Entroido tradicional de Dombodán.»

Estamos preparando unha presentación do mesmo, coa colaboración de Eutropio, no noso Concello e por suposto estades todas e todos convidados. Iremos informando!

Non vos perdades esta obra fundamental para entender unha das tradicións máis auténticas e características da nosa terra!

Na imaxe, de esquerda a dereita: Iria Fdez, correo do entroido de Fao-Touro; Javier Iglesias; Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa; Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura; Eutropio; Suso Cebeiro, presidente da Asociación Xenerais da Ulla; Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego; e Fernando Reyes, autor do texto de Viva!.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email